Cultura
Deputación de Lugo

Preto de 100 rapaces despiden o curso da Tradescola, que contou co apoio da Deputación

Tradescola
no Festival de Fin de Curso
Vello Cárcere
Preto de 100 rapaces despiden o curso da Tradescola, que contou co apoio da Deputación
García Porto participou no Festival de Fin de Curso que tivo lugar este martes no Vello Cárcere e no que houbo 10 actuacións. Durante o acto tamén se entregaron os premios do concurso de debuxo sobre instrumentos musicais

A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, acompañou ao alumnado da Tradescola no Festival de Fin de Curso que tivo lugar este martes no Vello Cárcere, na capital luguesa. Durante o acto houbo máis de 10 intervencións, algunhas das cales mesturaron varias das especialidades de música e baile tradicional que se imparten na Escola, coa que colabora a Deputación.

Durante o acto tamén se entregaron os premios do concurso de debuxo sobre instrumentos musicais organizado pola Tradescola para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, co apoio da Deputación, este ano puideron participar todos os centros da provincia. Os 25 finalistas recibiron un lote de material didáctico sobre música tradicional, e o gañador terá a matricula gratuíta para o vindeiro curso da Tradescola, e o seu centro contará cun concerto didáctico e unha visita guiada polo obradoiro de instrumentos do CentrAD.

A Tradescola, xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ofrece unha formación integral en música tradicional, tanto para pequenos como para adultos, que terán o seu propio Festival de Fin de Curso a mediados do mes de xuño. No día de hoxe preto de 100 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos, mostraron as habilidades adquiridas durante o curso en baile, canto, acordeón, percusión o zanfona.

Os finalistas do concurso de debuxo


- Aldara García González – CEIP Muimenta - Cospeito
- Alejandro Ferro Martínez – CEIP Albeiros - Lugo
- Alonso Calaza Neira – CEIP Rosalía de Castro – Pol
- Andrea Piélago González- CEIP San Xoán- Becerreá
- Andrea Pinilla García – CEIP San Xoán – Becerreá
- Aroa Illán Lamas- CEIP Luís Pimentel - Lugo
- Carla Alonso Varela – CEIP A Ponte – Lugo
- Carla Rodríguez García – CEIP Illa Verde - Lugo
- Carolina Otero Carballo – CEIP Eloisa Ribadulla – Chantada
- Cesar Linares López – CEIP Manuel Mallo Mallo – Nadela - Lugo
- Daniel Vázquez Arrojo- CEIP Illa Verde - Lugo
- David López Bello – CEIP Antonio Insua Bermúdez – Vilalba
- Gabriel Castedo Nogueira – CEIP As Mercedes - Lugo
- Hiba Boumazlag Mamat – CEIP Quiroga Ballesteros - Lugo
- Irene López Lago – CPI Uxío Novoneyra – O Caurel
- Iván Díaz González – CEIP San Zoan – Becerreá
- Lara Alarcón García – CEIP Anexa - Lugo
- Lois Guerreiro Cruzado – CEIP Anexa - Lugo
- Mateu López –Valeiras Seoane –Escola Waldorf Meniñeiros - Lugo
- Matilda Pérez Abelleira – CEIP Menendez Pelayo - Lugo
- Nicolás Polo Eiroa – CEIP O Vicedo
- Noa Veiga Núñez – CEIP Sagrado Corazón - Lugo
- Xiana Polín Castro – CEIP Sagrado Corazón - Lugo
- Xoel Martínez Prado – CEIP A Ponte - Lugo
- Zayoha Campo Correa – CEIP Rosalía de Castro- Pol

 

Preto de 100 rapaces despiden o curso da Tradescola, que contou co apoio da Deputación
Preto de 100 rapaces despiden o curso da Tradescola, que contou co apoio da Deputación