Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO, 2 DE XUÑO
12:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural e Mar en funcións, Lino Rodríguez Ónega e o Alcalde en funcións de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, participarán na XVII Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil, coa que colabora o organismo provincial.
Casa do Concello –Ribas de Sil-
20:15 HORAS.- O Deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, participará na entrega de trofeos da categoría alevín da Copa Deputación de fútbol 2019.
Campo de fútbol A Cheda –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Bruxa! Libres, Reberldes, Insubmisas da artista Viki Rivadulla.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-