Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 28 DE MAIO
09:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, participará na XLII Xornada sobre Malos Tratos e Abusos a Persoas Maiores, organizada pola Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España.
Salón de Actos do Complexo docente do Campus de Lugo –Lugo-
11:00 HORAS.- Sesión ordinaria do Pleno da Deputación.
Salón de Plenos –Deputación de Lugo-
18:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, participará na charla sobre Dor crónica en enfermidades erymes, organizada pola Liga Reumatolóxica Galega.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-