Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO,19 DE MAIO


09:15 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, participarán na saída da terceira etapa do Desafío Volta a Lugo, coa que colabora o executivo provincial.

 

Praza do Concello –A Fonsagrada-


12:30 HORAS.-  O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistirá ao pregón da XXVI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, coa que colabora o executivo provincial.

 

Campo da Feira –Ferreira de Pantón-


13:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na entrega de premios do Desafío Volta a Lugo, coa que colabora o executivo provincial.

 

Ximnasio Forus –Lugo-


20:15 HORAS.- O  Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na entrega de trofeos da Copa Deputación de Baloncesto 2019, posta en marcha polo organismo provincial.

 

Pazo Provincial dos Deportes – Lugo-


21:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, asistirá ao espectáculo Letra Viva de Palimoco Teatro, enmarcada na programación, Semana das Letras Galegas, posto en marcha polo organismo provincial.

 

 Rúas da Cidade – Lugo-


OUTRAS CONVOCATORIAS:

 

09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición fotográfica Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas.

 

Corredores da planta baixa –Deputación de Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición A Muller do Século XXI organizada por Mans Unidas.

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Bruxa! Libres, Reberldes, Insubmisas da artista Viki Rivadulla.

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.

Capela de Santa María  –Lugo-


Descargar PDF