CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES,14 DE MAIO
10:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentarán o V Desafío Volta a Lugo, coa que colabora o organismo provincial.
Xardíns –Deputación Lugo-
11:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire, inaugurarán a exposición fotográfica Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, coa que colabora o organismo provincial.
Corredores da planta baixa –Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará ao concerto de Lucía Pérez, enmarcado na programación das Letras Galegas, posta en marcha polo organismo provincial.
Praza de San Marcos –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición A Muller do Século XXI organizada por Mans Unidas.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Bruxa! Libres, Reberldes, Insubmisas da artista Viki Rivadulla.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-