Convocatoria de prensa
CONVOCATORIA DE PRENSA PARA O XOVES, 9 DE MAIO
10:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto á Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e a Xerente da Rede Museística, Encarna Lago, inaugurarán o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, posto en marcha pola Rede Museística Provincial.
Sala Multiusos do Museo Provincial –Lugo-
11:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde do Concello de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro Orol, presentarán a XIX Mostra do Aceite de Quiroga, coa que colabora o organismo provincial.
Sala Muralla do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-