Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 8 DE MAIO
11:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentará o vídeo da acción de promoción turística Lugo Inédito, que forma parte da campaña Lugo Cambia.
Sala de Exposicións – Deputación de Lugo-
11:45 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará nunha nova edición do Correlingua, a carreira destinada á promoción e normalización do galego que conta coa colaboración da Deputación.
Praza de Santa María –Lugo-
18:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentará a programación cultural da Deputación con motivo do Día das Letras Galegas. Membros da Escola de Palimoco Teatro realizarán unha pequena actuación.
Corredor de Cultura – Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-