CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES,3 DE MAIO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
20:15 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará no concerto de Instrumentos Musicais – Lucus Ensemble, enmarcado na programación O Son do Tempo, posta en marcha polo organismo provincial.
Casa da Cultura –Monforte de Lemos-
20:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na presentación do libro As mulleres de insua e o liño: dez anos dun proxecto de recuperación etnográfica.
Casa da Cultura –Vilalba-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-