Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 2 DE MAIO
10:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acompañados polo Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, reciben á directiva e ao equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, tras lograr o ascenso a 1º División
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
12:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na presentación da 22ª edición dos Xogos Autonómicos de campo a través e de petanca que organiza Special Olympics e cos que colabora a Deputación.
Casa do Concello –Sarria-
20:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na inauguración da Exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, participarán nun encontro coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo no seu novo local social.
Rúa do Progreso 42, 44 (Local 11 das Galería) –Lugo-
20:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentará a nova edición da Copa Deputación de Fútbol que organiza o organismo provincial
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-