Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 30 DE ABRIL

11:00 HORAS.- Sesión ordinaria do Pleno da Deputación.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-


20:00 HORAS.- O Presidente e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, participará na entrega das ‘Troitas de Ouro’ na XLI edición da Festa da Troita, coa que colabora o organismo provincial.

 

Salón de Actos Casa Cultura –A Pontenova-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.


Capela de Santa María  –Lugo-


Descargar PDF