Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 27 DE ABRIL
11:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na presentación do libro Cabreiros no Tempo, co que colabora o Organismo Provincial.
Casa Escola de Cabreiros –Xermade-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-