Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 26 DE ABRIL
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
11:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández Méndez, o Presidente do Club Fluvial de Lugo, Modesto Teijeiro Valledor, acompañados doutras autoridades, presentarán á LXIII Edición do Descendo do Miño de Piragüismo, coa que colabora o Organismo Provincial.
Club Fluvial de Lugo –Lugo-
12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo e o Presidente do Fonsagrada Fútbol Club, Silbán Rodríguez Palmeiro, presentarán o II Torneo Memorial Carlos Pérez Castelao, co que colabora o Organismo Provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
16:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na inauguración do 9º Taller de Nutrición en Pacientes con Enfermidade Renal Crónica, co que colabora o Organismo Provincial.
Auditorio ABSA –Burela-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-