Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 25 DE ABRIL

12:00 HORAS.- a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel Cráneo e Javier Montes, ilustrador e colaborador das principais editoriais de cómic, presentarán o II Encontro de Banda Deseñada de Galicia co que colabora a Deputación.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:00 HORAS.- o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos, xunto a Montserrat Valcárcel, Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e outros membros da USC, participará no acto con motivo do Patrón da Facultade de Humanidades no cal homenaxearase a Concepción Burgo, Parlamentaria e Profesora da facultade.


Salón de Graos da Facultade de Humanidades da USC –Lugo-


16:00 HORAS.- a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles Izquierdo,  xunto a Alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez participará na presentación do proxecto ‘ATERRA’ que promove a USC e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.


Salón de Actos da EPS –Lugo-


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.


Capela de Santa María  –Lugo-


Descargar PDF