Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 24 DE ABRIL
11:30 HORAS.- a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto coa Directora Artística do SacraFestival, Carlota Pérez, e outras autoridades, presentarán a III Edición do SacraFestival, un encontro multidisciplinar co que colabora a Deputación.
Quinta Sacra, Club Náutico Fluvial de Belesar –O Saviñao-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-