Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 23 DE ABRIL
12:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará xunto a escolares e membros da Asociación de Gaiteiros Galegos no concerto didáctico da TRADESCOLA, co que colabora a Deputación.
CEIP Ínsua Bermúdez –Vilalba-
12:30 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, participará nos actos da celebración do Día do Libro que organiza o Concello de Cervantes.
Edificio de usos múltiples –Cervantes-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Conversas de Sabela Arias Castro, que está repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-