Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 22 DE ABRIL
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto a outras autoridades, participará na presentación do torneo de pádel en beneficio da Asociación Somos Unidos Contra o Cancro.
Casa do Concello –Outeiro de Rei-
19:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na entrega de trofeos do torneo Semana Santa do S.D. Sagrado Corazón
Campo José Mª Rodríguez Lago de As Gándaras –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-