CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES,17 DE ABRIL
11:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na presentación da Gala ANADE, coa que colabora o organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
12:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Tenente de Alcalde do Concello de Rábade, Ángel Manuel Lage García, o Concelleiro de Deportes do Concello de Rábade, Alejandro Martínez Campos, e o Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro, presentarán o XXII Máster Nacional de Futbolín, co que colabora o organismo provincial.
Pavillón do IES Río Miño –Rábade-
13:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión extraordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:30 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-