Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO, 14 DE ABRIL
12:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, xunto a outras autoridades, participará na XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, coa que colabora o organismo provincial.
Recinto Feiral (As Rodrigas) –Riotorto-
12:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto a outras autoridades, participará na XXXIX Feira do Viño de Amandi, coa que colabora o organismo provincial.
Casa do Concello –Sober-
13:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará no concerto de Efraím Díaz, intérprete do pito pastoril, coa banda de Antas de Ulla.
Patio do Vello Cárcere –Lugo-
19:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará no concerto do grupo Lucus Ensemble, enmarcado na programación O Son do Tempo, posta en marcha polo organismo provincial.
Igrexa románica de Santa Mariña de Antas –Antas de Ulla-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense José Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-