Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 13 DE ABRIL
14:30 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Presidente da Sociedade de Pescadores da Ulloa, Óscar Gayoso, xunto a outras autoridades, participarán no Memorial José Antonio Guerreiro.
Pazo de Ludeiro, San Miguel de Penas –Monterroso-
20:30 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, xunto a outras autoridades, participarán no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo de José Manuel González-Páramo.
Teatro Pastor Díaz –Viveiro-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense José Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-