Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 12 DE ABRIL
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurará a mostra O son do tempo. Exposición de instrumentos medievais.
Capela de Santa María –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense José Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-