Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 11 DE ABRIL

09:15 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, inaugurarán a xornada Protección de Datos e Transparencia, organizada polo organismo provincial e a Fundación Democracia e Goberno Local.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


11:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, xunto a outras autoridades, participarán nos actos con motivo do Día Mundial do Párkinson.

 

Diante do Concello –Lugo-


13:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Director do festival, Celestino Muinelo, presentarán a cuarta edición do Facela Fest, co que colabora o organismo provincial.

 

Xardíns–Deputación de Lugo-


18:00 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participarán na conferencia Envellecemento e atención á dependencia. Impactos económicos e sociais, a cargo de Ángel Rodríguez Castedo, ex director do IMSERSO e un dos promotores da Lei de Dependencia. 

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


20:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na inauguración da exposición da artista lucense Sabela Arias.

 

Sala Multiusos –Museo Provincial-


  

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.


Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF