Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 10 DE ABRIL

10:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Decana da Facultade de Humanidades, María Isabel Rey González, o Adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Jesús Varela Zapata, e os Coordinadores, Max Jean-Zins, e Felipe Arias Vilas, presentarán o XV Curso de Primavera, enmarcado na programación do Lugo Cultural, coa que colabora o organismo provincial.

 

Facultade de Humanidades –Lugo-


16:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Presidenta da Asociación Párkinson Lugo, Rosa Fariñas Fernández, participarán nas charlas informativas polo Día Mundial do Parkinson.

 

Centro Social Uxío Novoneyra, Quiroga Ballesteros, 1A –Lugo-


18:30 HORAS.- O Presidente, Darío Campos Conde, a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, e o Presidente da APEHL, Francisco Real Castro, presentarán as xornadas de exaltación gastronómica ... E para comer Lugo, coas que colabora o organismo provincial.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


19:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na charla sobre educación sexual impartida pola médica Estafanía Fernández Otero, e organizada polo organismo provincial.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


19:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Presidente das Escolas Deportivas, Pablo Maseda, presentarán o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, co que colabora o organismo provincial.

 

Pavillón Municipal –Lourenzá-


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.


Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF