Deputación de Lugo
Turismo

O mercado urbano de antigüidades e coleccionismo enche a vila de Sarria, co apoio da Deputación

Sarria
Feira de Artesanía e Antigüidades
XXIV Feira de Artesanía e Antigüidades de Sarria
A XXIV Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro deu comezo este sábado ás 11:00 horas e permanecerá aberta ata as 20:00 horas, o horario de mañá será o mesmo

Nos expositores, situados en carpas nas rúas do Porvir e Marqués de Ugena pódense atopar pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles, obxectos etnográficos, arte e todo tipo de obxectos de decoración

Durante toda a fin de semana a vila contará cunha ampla oferta cultural con exposicións, actividades para nenos, actuacións e pasarrúas, concertos ou demostracións de artesanía

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, acudiron á XXIV Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro, que se celebra esta fin de semana nas rúas do centro de Sarria. A mostra deu comezo na mañá deste sábado coa apertura dos expositores onde se poden atopar pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles, obxectos etnográficos, arte e todo tipo de obxectos de decoración.

As carpas nas que se sitúan os stands están situadas na Rúa do Porvir, tamén coñecida como Rúa dos Anticuarios, pola cantidade de establecementos deste tipo localizados nela, e na Rúa Marqués de Ugena, estarán abertos en horario ininterrompido desde as 11:00 horas as 20:00 horas.

Durante as dúas xornadas a oferta cultural amplíase con exposicións, actividades para nenos, actuacións e pasarrúas, concertos ou demostracións de artesanía: a Asociación Sarricanta mostrará as súas tallas en madeira, e a Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira modelará pezas de cerámica, ademais, ambas exporán os seus traballos. O programa de promoción da artesanía do CentrAD organiza, tamén, unha demostración de elaboración de Xoguetes, que terá lugar o sábado no stand de información.

 

XXIV Feira de Artesanía e Antigüidades de Sarria