Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 8 DE ABRIL

10:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, inaugurará as xornadas nas que se analizarán novas propostas para a xestión contable dos Concellos .Unha iniciativa que promove o goberno da Deputación.

 

Salón de Actos –Deputación-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o músico Efraím Díaz Vázquez, presentarán un novo concerto para promocionar o Pito Pastoril.

 

Obradoiro de instrumentos –CENTRAD-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e representantes da Asociación dos Ferreiros de Riotorto, presentarán a XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto coa que colabora o Goberno da Deputación.

 

Forxa de Lourin –Riotorto-


19:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, asistirá ao Ciclo curtos contra a violencia de xénero, actividade enmarcada na programación Mulleres con Forza, posta en marcha por Deputación e Concello.

 

Salón de Actos –Deputación-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.


Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF