Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 6 DE ABRIL

11:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, asistirá a saída da VI Ruta dos Lobos, coa que colabora o Organismo Provincial.

 

Praza do Concello –A Fonsagrada-


11:00 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na Xornada Afrogalegas, actividade enmarcada na programación Mulleres con Forza, posta en marcha por Deputación e Concello.

 

Salón de Actos –Deputación-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na Inauguración da VI Exposición das Camelias.

 

Museo Provincial –Lugo-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.


Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF