Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES,5 DE ABRIL


11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, presentará o Festival 17º Ribeira Sacra, co que colabora o Goberno da Deputación.

 

Fundación DICAC –Santiago de Compostela-


12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández;  o Secretario Nacional da CIG- Ensino, Xesús Bermello; a Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Mónica Pazos; o Presidente da AS-PG, Xoán Costa, e o Presidente da A. C. Correlingua, Anxo Terán, presentarán unha nova edición do Correlingua 2019, que percorrerá 200 centros de toda Galicia e no que participarán mais de 18.000 alumnos. Neste acto entregaranse os premios aos gañadores dos certames de banda deseñada, vídeo e elaboración de Manifesto, que organiza esta entidade para promocionar a lingua galega, coa que colabora o Executivo Provincial.

 

Salón de Actos –Deputación-


IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!

 

13:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asistirá aos actos organizados polo Colexio Oficial de Avogados de Lugo con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort.

 

Colexio de Avogados –Lugo-


13:00 HORAS.- O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez, participará na subasta de novelas de raza rubia galega, que organiza ACRUGA.

 

Recinto Feiral –Pedrafita do Cebreiro-


18:45 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, participará na XXXV Edición de MOEXMU, coa que colabora o Executivo Provincial.

 

Recinto Feiral –Muimenta-


21:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asistirá á entrega de premios Milagrosistas do Ano. Neste acto, o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos; a Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermudez, e a Deputada de Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, recibirán o premio Milagrosistas do Ano 2019 que concede a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do barrio da Milagrosa.

 

Restaurante Manuel Manuel –Lugo-


OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.

Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF