Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 4 DE ABRIL

10:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto con outras autoridades, participará no Consello do Patrimonio Histórico, que inclúe a presentación da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

 

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil –Ourense-


11:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Vicario Xeral da Dioceses de Lugo, Mario Vázquez Carballo e o Coordinador do grupo Lucus Ensemble, Santiago Noriega, presentarán a programación de difusión de instrumentos medievais da Deputación.

 

Sala Obradoiro de Instrumentos Medievais–CENTRAD-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON


12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Director do Festival, Carlos Montilla Cortiza, presentarán unha nova edición do Festival 17º, co que colabora o Executivo Provincial.

 

Salón de Actos –Deputación-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.


Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-


Descargar PDF