Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 3 DE ABRIL
10:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participará na visita institucional ao almirantazgo de Ferrol.
–Ferrol-
11:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, presentará a nova xornada formativa sobre protección de datos, que organiza o Executivo Provincial.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
11:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, entregará os premios de investigación audiovisual “Maria Luz Morales”, da Academia Galega do Audiovisual, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Centro Cultural Marcos Valcarcel –Ourense-
20:15 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentará o libro “La noche de las luminarias”. No acto estará acompañado do autor, José Francisco Rodil; do guionista e produtor, Pepe Coira Nieto, e do editor Cristian Velasco.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-