Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 2 DE ABRIL
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Director Xerente do CETAL, Javier Bueno Lema, e o representante de ABANCA, Jesus Combarros, inaugurarán a xornada “Tecnoloxías na sementeira do millo forraxeiro”.
Granxa Gayoso Castro –Castro de Rei-
12:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará na lectura do Manifesto no Día Mundial da concienciación sobre o autismo, que organiza RAIOLAS.
Vello Cárcere –Lugo-
14:15 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participará na entrega do XXVI Premio Xornalístico Puro Cora, que recibirá a xornalista Lucia Méndez.
El Progreso (Polígono Industrial do Ceao) –Lugo-
17:00 HORAS.- A Deputada de Promoción, Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará nos actos do Día Mundial da concienciación sobre o autismo, que organiza RAIOLAS.
Praza Maior –Lugo-
19:15 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto con outras autoridades, visitará as novas dotacións e a remodelación da Praza da Milagrosa.
Praza da Milagrosa –Lugo-
20:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, e o técnico, Manuel Soto, presentarán a nova campaña do comercio lucense: SICOMERCIO.ES, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a mostra Un de cen. Comprendendo o espectro, organizada pola Federación de Autismo de Galicia que pode verse en toda a Rede Museística da Deputación. Trátase dunha exposición de máis de 100 obras individuais e corais realizadas por membros das distintas asociacións de autismo de Galicia.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “Meridiano 7, 30º Oeste,” presenta unha colección de 35 fotografías do lucense Jose Pradero.
Pazo de San Marcos (Sala de exposicións) –Lugo-