Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 29 DE MARZO
10:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades,
asistirá a inauguración da Xornada: Estudos Históricos. Ofrenda do Reino de Galicia.
Salón de Actos do Seminario Maior –Lugo-
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cultura de Lugo,
Carmen Basadre, presentarán o concerto gratuíto de Gisele Jackson, que se celebrará neste
mesmo espazo o vindeiro domingo día 31 de marzo ás 13:30 horas.
Praza Bispo Basulto –Lugo-
12:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Alcalde de Muras,
Manuel Requeijo; o Alcalde de Xermade, Roberto García; o Concelleiro de Vilalba, Julio
Vázquez Otero e o Presidente da Asociación, Miguel Esmoiriz, presentarán unha nova edición
da Ruta BTT “Terra Cha Queixo San Simón da Costa”, coa que colabora o Goberno da
Deputación.
Casa da Cultura (Praza Suso Gayoso) –Vilalba-
13:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Concelleiro de
Desenvolvemento Sostible e Persoal de Lugo, Daniel Piñeiro Villares e a Técnico de OVICA,
Noelia Ron Vega, presentarán o receitario de cociña de ovino e caprino no 25ª Aniversario de
OVICA.
Praza de Abastos –Lugo-
14:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Voceiro do Goberno,
Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López
Izquierdo, participarán no xantar solidario organizado pola Asociación Concepción Arenal.
Restaurante Mencía Mencía (Praza da Constitución) –Lugo-
20:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras
autoridades, participará na entrega do Premio ARESA.
Auditorio Faculta de Veterinaria –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé
Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra.
Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas
galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en
España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar.
Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-