Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 28 DE MARZO
11:30 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto cos realizadores Sito Torres e Miguel Granero, manterán un encontro cos alumnos do Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación, no marco dos Encontros Mestre Mateo, que organiza a Academia do Audiovisual Galego.
Salón de Actos da Escola de Imaxe e Son –Lugo–
12:00 HORAS – O Deputado pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, presentarán a XXIV Feira de Antigüidades e restauración de San Lázaro, coa que colabora o organismo provincial.
Salón de Plenos do Concello –Sarria–
12:00 HORAS – O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentarán a IX Edición da Carreira de Montes de Viveiro, coa que colabora o organismo provincial.
Casa de Galicia (Casado del Asisal, 8) –Madrid–
12:30 HORAS – A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Presidente de MOEXMU, Aníbal José Rodríguez Folgueira, e o Xerente José Manuel Rus Rodríguez, presentarán a XXXV Mostra Exposición de Muimenta.
Salón de actos –Deputación de Lugo–
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!
13:15 HORAS – Rolda de prensa do Presidente, Darío Campos Conde, xunto aos Alcaldes de Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo; Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo Magdalena; Pol, Lino Rodríguez Ónega; Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega; e Trabada, Mayra García Bermúdez.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo–
14:00 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, presentarán os cinco primeiros vehículos eléctricos que forman parte do parque móbil da Deputación.
Praza de San Marcos –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-