Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 27 DE MARZO

09:00 HORAS – A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará no VII Workshop de Remedia “Rede Científica de Mitigación de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro no Sector Agroforestal”.

 

Salón de Actos da EPS –Lugo–


10:30 HORAS – O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informarán aos graduados sociais da provincia o servizo de asesoramento socio-laboral gratuíto, que poñerán en marcha a Deputación e o Colexio Oficial de Graduados Sociais.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo–

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON!


12:30 HORAS – O Presidente, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, xunto a outros alcaldes da Comarca, informarán sobre o proxecto de difusión da Vía Rexia do Norte.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo–


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.


Capela de Santa María –Lugo-


Descargar PDF