Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 25 DE MARZO
10:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistirá ao concerto didáctico que realiza a TRADESCOLA, co que colabora o Goberno da Deputación.
CEIP Virxe da Luz–Portomarín-
12:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, o Xefe Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez, e o xogador de baloncesto Alex Llorca, presentarán unha nova edición do Campus de Baloncesto homónimo, que se celebra na capital lucense.
Salón de Actos–Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
17:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentará a nova gala de “Lucus Moda. Enfiando”, coa que colabora o Executivo Provincial.
CENTRAD–Lugo-
19:30 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participará na xornada formativa do Comité galego de adestradores.
Salón de Actos–Deputación-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-