Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 23 DE MARZO
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, participarán no XIII Mercado Tradicional de Primavera do concello mariñán, co que colabora a Deputación.
Casa do Concello –O Valadouro-
18:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado de Membros da Asociación de Xotramu, así como de zoqueiros e veciños da zona, visitará o novo Museo das Zocas de Muimenta, que financiou o Executivo Provincial.
Pórtico da Igrexa Vella de Muimenta –Cospeito-
20:30 HORAS.- Concerto gratuíto do dúo formado por Fernando Barroso & Margarida Mariño. Barroso, dentro do MUSICAD da Deputación.
Capela de Santa María –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-