Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 22 DE MARZO

10:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto inaugurará a II Xornada de divulgación do patrimonio Arqueolóxico lucense, na que diversos expertos analizarán as covas covas de Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde). Unha iniciativa que promove o Goberno da Deputación.

 

Salón de Actos –Deputación-

IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON


11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.

 

Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-


12:00 HORAS.- O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, acompañado de escolares, participará na Semana da arbore e da auga coa plantación dun bidueiro no centro educativo.

 

Escola de Educación Infantil de Fingoi, nº2 –Lugo-


12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, presentará a nova iniciativa da moda lucense: “Lugo vístese de primavera”.

 

Sala de Xuntas –Deputación-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.


Capela de Santa María –Lugo-


Descargar PDF