Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 21 DE MARZO
11:00 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na reunión do grupo de turismo do Eixo Atlántico.
Espacio GNRation –Braga-
11:15 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, presentará a XXV Edición do Festival de teatro universitario, e a 4ª Edición de Fin de Curta. Dúas iniciativas incluídas dentro da programación do LugoCultural, coa que colabora o Executivo Provincial.
Capela de Santa María –Lugo-
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, acompañados de veciños, participarán na xornada de portas abertas do Centro de Maiores da vila, financiado con fondos provinciais.
Centro de Maiores –Ribeira de Piquín-
12:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, recibe no Pazo de San Marcos á atleta Nuria López Fernández, que ven de proclamarse campioa de España de atletismo adaptado.
Sala de Xuntas –Deputación-
12:30 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto e o Alcalde de Valadouro, Edmundo Maseda, presentarán unha nova edición do Mercado da Primaveira, co que colabora organismo provincial.
Salón de Actos –Deputación-
IMPORTANTE: É necesario CANON FEMIA para mesa de SON
18:30 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, inaugurará a xornada da UNED; “Entre sombras: servizos secretos, intelixencia policial e estado de dereito”. Nesta cita participarán a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira Pena; o Coronel ET Retirado, Doutor en Historia e Profesor no Instituto Universitario Gutiérrez Mellado, Fernando Puell de la Villa e o Doutor en Dereito, Criminólogo e Xuíz Substituto, Adriano Jacinto Alfonso.
Salón de Actos –UNED-
20:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na lectura do manifesto pola autonomía das persoas con Síndrome de Down.
Praza Maior –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-