Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 20 DE MARZO

11:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentará a nova tempada de cursos de artesanía que ofrece o CENTRAD.

 

CENTRAD –Lugo-


17:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos; a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, Antonio Varela Agrelo; o xuíz titular do xulgado de violencia de xénero, Sergio Orduña; a maxistrada, Sandra Piñeiro Díaz; o decano do ICA, Felix Mondelo; o Comisario Provincial da Policía Nacional, Jose María Esteban; o Capitán da Garda Civil da Comandancia de Lugo, Ignacio P. Recio e a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Verónica Eiravella, manterán un encontro de traballo con representantes da Asociación “SI, HAI SAIDA”, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Sala de Xuntas –Deputación-


19:00 HORAS.- A Deputada de Promoción económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, inaugurará  a exposición “20 anos non son nada” de Chus Varela. Unha iniciativa enmarcada dentro da programación do encontro de danza universitaria da USC, co que colabora a Deputación.

 

Auditorio do Vello Cárcere –Lugo-


21:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará nas xornadas de Mentoring Grupal: Reimpulsa Chantada.

 

Local da Asociación de empresarios de –Chantada-



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.


Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.


Capela de Santa María –Lugo-


Descargar PDF