Deputación de Lugo

Membros da Cohors III entréganlle ao Presidente da Deputación a Moeda oficial do Arde Lvcvs 2019

arde lucus
darío campos
moneda cohors

O Presidente da Cohors III, Miguel Alvelo, xunto con outros membros da directiva da asociación lucense de recreación histórica, entregáronlle ao Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, unha das 5.000 moedas oficiais acuñadas para a edición de 2019 do Arde Lvcvs. A Moeda deste ano está dedicada tanto ao Emperador Gordiano, que ascendeu ao trono sendo un neno de 13 anos e morreu nas guerras contra os persas, como a Mitra, deus oriental acollido polo Imperio desde o século I e cuxo culto chegou ata Lugo, sendo a Domus de Mitreo o seu templo máis occidental.