Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 15 DE MARZO
09:30 HORAS.- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participará na Reunión do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia.
Cidade da Cultura –Santiago de Compostela-
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Roda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibe a moeda do Arde Lucus 2019 por parte de membros das Cohors III.
Despacho do Presidente–Deputación de Lugo-
12:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, participarán na Inauguración da XIV Edición do Salón do Automóbil de Lugo
Pazo de Feiras e Congresos–Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Promoción económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto coa concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, e a Relatora, María Xosé Agra, participará no Faladoiro Feminista “Son as Mulleres Vulnerabeis: Pensando a Xustiza e a Igualdade”. Organizado polo Concello de Lugo e a Deputación.
Auditorio do Vello Cárcere –Lugo-
20:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, participará na presentación do libro: “Madriñas de brazo, padriños de pía: apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo (séculos XVI – XIX)”, gañador da X Edición do Premio Condado de Pallares.
Casa da Cultura –Chantada-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-