Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña atende a 92 usuarios de toda a Comarca para mellorar a súa calidade de vida

Cervo
benestar
Asociación de axuda ao enfermo mental
Encontro coa asociación de axuda ao enfermo mental
López Izquierdo mantivo un encontro cos usuarios deste colectivo, co que colabora a Deputación, e que conta con tres centros especializados en Cervo, Burela e Ribadeo

Os profesionais da entidade realizan actividades e obradoiros para achegar aos usuarios á arteterapia, os mosaicos ou cerámica e tamén mellorar a psicomotricidade Ademais, tamén levan a cabo talleres de agricultura ecolóxica e floricultura nos dous invernadoiros financiados polo organismo provincial

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro, este mércores, cos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, na súa sede de Cervo. Fíxoo para coñecer, de primeira man, as actividades e obradoiros que realiza este colectivo social que atende a 92 usuarios de concellos de toda a comarca da Mariña Lucense, e coa que colabora a Deputación.

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, conta con tres centros especializados en Cervo, Burela e Ribadeo. En total presta atención de diversa índole a 92 usuarios da comarca e as súas familias. Neste colectivo social, realizan actividades e obradoiros para achegar aos usuarios á arteterapia, os mosaicos ou cerámica e tamén mellorar a psicomotricidade. Ademais, realizan talleres de agricultura ecolóxica e floricultura nos dous invernadoiros financiados polo organismo provincial. Nesta liña, os usuarios aprenden a identificar con formación teórica e práctica as diferentes especies botánicas e aromáticas, así como diversas plantas.

Ademais, a entidade conta con dous pisos tutelados para mulleres que sufriron violencia de xénero e padecen enfermidades mentais. Nesta liña, a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña, presta tamén atención ás familias, a través de asesoramento e información para que coñezan o que é a enfermidade mental e saiban como tratala.

20 anos de atención a pacientes e familiares
Este colectivo social fundouse no ano 1999 por familias afectadas pola problemática da enfermidade mental e persegue un obxectivo claro: acadar que ós enfermos mentais e as súas familias reciban atención e axuda continuada. Nesta liña, buscan a integración dos mesmos na sociedade e na vida da comunidade, fixando como obxectivo prioritario a súa rehabilitación psicosocial e laboral.
 

Encontro coa asociación de axuda ao enfermo mental
Encontro coa asociación de axuda ao enfermo mental