Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 9 DE MARZO
18:00 HORAS – O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadin, participarán no estreo da curta Quijano, o burro da escola, do cineasta Oliver Laxe.
CPI de Cervantes –Cervantes–
20:00 HORAS – A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará no concerto Cantar Delas, incluído na programación do Día da Muller.
Auditorio do Vello Cárcere –Lugo–
20:30 HORAS – A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará no concerto de Zoelas, incluído na programación do MusicAD.
Capela de Santa María –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro.
Capela de Santa María –Lugo-