Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 7 DE MARZO
12:00 HORAS – O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentará o Dicionario da Comida Galega, do abadexo á zorza.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS – O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, informarán sobre a posta en marcha dun novo servizo para persoas con dificultades económicas da provincia.
Colexio Oficial de Graduados Sociais (Pz. Alicante, 13) –Lugo–
19:30 HORAS – A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participará na xornada Mujeres que inspira en el mundo de la empresa.
Fundación ABANCA (Pz. Santa María) –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta as dúas exposicións de Mercedes Vázquez Saavedra. Por unha banda presenta o traballos sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal, e por outro, exhibe as Máscaras tradicionais de entroido en España e Portugal.
Museo Provincial –Lugo-