Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 12 DE FEBREIRO
11:00 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández Fernández, e a produtora local, Carmen Sánchez, presentarán a Edición XXIX da Festa da Androlla de Navia Suarna, coa que colabora o Goberno da Deputación.
Salón de Actos –Deputación –
12:00 HORAS – A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentará unha nova edición do MusicAD, a nova programación musical que ofrece o Goberno Provincial de xeito totalmente gratuíto na Capela de Santa María no mes de marzo. Serán un total de cinco concertos cos que se poderá desfrutar das tendencias da música folk, tanto nacionais como internacionais, do panorama actual.
CENTRAD –Lugo–
17:30 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participará no acto “Os tapóns dan vida e coidan o medioambiente”.
Sede El Progreso –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-