Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 14 DE FEBREIRO
12:00 HORAS – A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Coordinadora da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago, a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e a Coordinadora do proxecto, Mila Abadia, presentarán o novo proxecto Mulleres Mirando Mulleres (MMM). Unha nova proposta incluída dentro da programación de Xénero que ten preparada a Rede Museística da Deputación ao longo do ano.
Museo Provincial –Lugo-
14:30 HORAS – O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto con outras autoridades, entregará os premios aos gañadores do XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, cos que colabora o Goberno da Deputación.
IES de Foz (rúa Castelao) – Foz-
17:00 HORAS – O Presidente, Darío Campos Conde, participará na IV Conferencia de Presidentes/as de Gobernos Provinciais, no que se debaterá sobre “O papel das deputacións no equilibrio territorial: entre a despoboación rural e a concentración urbana”.
Palacio Niñas Noble – Granada-
19:00 HORAS – O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Directora da UNED en Lugo, Ana B. Traseira Pena, presentarán unha nova edición da Revista LCD Lugo Cultura Dixital , coa que colabora o Executivo Provincial.
Sede da UNED – Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición co último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por título “O cotián revisado”.
Museo Provincial –Lugo-