Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 4 DE FEBREIRO
13:00 HORAS – O Presidente, Darío Campos Conde, o Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Onega, e o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, acompañados de técnicos, supervisarán o avance dos traballos da nova unidade de leite na Granxa Gayoso Castro: Granxa Experimental Campus Terra.
Granxa Gayoso Castro –Castro Riberas de Lea–
15:30 HORAS – A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, manterá un encontro cos alumnos do curso de capacitación da 1ª transformación da madeira, que promove o Goberno da Deputación. Esta iniciativa forma parte dos obradoiros gratuítos de formación no sector primario impulsados polo Executivo Provincial.
Escola de Empresarios da CEL, (Manuel Murguia, 6) –Lugo–
18:00 HORAS – O Presidente, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participará na visita que realiza a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto no CEI NODUS de Lugo.
CEI NODUS –Lugo–
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-