ACCIÓN FORMATIVA 1ª TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA

O programa "Desenvolvendo o Rural", entre outras, inclúe a liña de capacitación profesional, para dignificar e profesionalizar diferentes sectores.

Esta acción formativa está encamiñada a dotar aos participantes de competencias xerais nas operacións precisas para o aproveitamento dos produtos forestais, manexo de equipos, máquinas e ferramentas en condicións de seguridade e saúde, aplicando criterios de calidade e de rendibilidade económica, respecto da normativa medioambiental e de prevención de riscos laborais.

Con esta formación adquiriranse os coñecementos e habilidades teórico prácticos indispensables para traballar en empresas da 1ª transformación da madeira.

BOLSA DE TRABALLO

Ao finalizar a formación dende a Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, crearase unha bolsa de traballo especializado cos participantes, por orde de puntación na valoración do desempeño da formación, con posibilidade de incorporación en empresas da 1ª transformación da madeira da provincia.

NOTA INFORMATIVA

LISTAXE DE CITACIÓNS PARA A ENTREVISTA INDIVIDUAL

LISTAXE DE ADMITIDOS, RESERVA E EXCLUIDOS