Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 30 DE XANEIRO

09:30 HORAS – A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, a Decana da Facultade de Humanidades, Mª Isabel González Rey, o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Jesús Varela Zapata, o Coordinador, Gonzalo Francisco Fernández e a Xefa Territorial de Cultura, Mª José Gómez Rodríguez inaugurarán o simposio sobre A Xestión Cultural a debate.

 

Salón de actos da Facultade de Humanidades –Lugo –


13:00 HORAS – A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo manterá  un encontro con gañadores dos premios Emprendendo no Rural, a iniciativa que puxo en marcha o Goberno da Deputación para fomentar a creación de empresas na provincia. Son un total de 5 os proxectos premiados que recibirán axudas económicas da Deputación de 10.000 euros, coas que a Deputación busca continuar promovendo o rural da provincia como motor xerador de emprego e riqueza.

 

Salón de Actos –Deputación –


18:00 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, entregará os premios aos gañadores do Illa Pancha Challenge. Trátase dun evento de surf no que profesionais de prestixio internacional surfearán O Panchorro: unha onda duns 20 metros que se produce fronte a illa Pancha. O Goberno converteu a Deputación na principal administración colaboradora cunha achega de 12.000 euros.

 

Clube Náutico –Ribadeo –


 

OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
 

Capela de Santa María –Lugo-


Descargar PDF