Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O LUNS, 28 DE XANEIRO
11:00 HORAS – O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, manterán un encontro con membros da Asociación Xermolos para avanzar no proxecto para a recuperación da casa natal de Díaz Castro.
Centro de Interpretación Ruta da Pedra, Os Vilares -Guitiriz-
12:00 HORAS – O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participará no acto con motivo do día da festividade de Santo Tomé de Aquino.
Salón de Actos Facultade de Formación do Profesorado -Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Semana Santa de Burela, Hai un lugar para ti, que conta con ducias de imaxes e cunha exposición fotográfica.
Sala de exposicións –Deputación de Lugo-