Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 24 DE XANEIRO
10:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará na presentación da campaña Buskao en Ribeira Sacra, do Consocio de Turismo da Ribeira Sacra.
Stand de Turismo de Galicia, Pavillón 9 IFEMA –Madrid-
11:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e Martín Barreiro, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentarán Provincia de Lugo: Moito por celebrar, unha nova acción de promoción da provincia incluída na campaña Lugo Cambia.
Stand de Turismo de Galicia, Pavillón 9 IFEMA –Madrid-
18:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará na presentación da campaña A Mariña Lucense. Máxica por natureza, da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
Stand de Turismo de Galicia, Pavillón 9 IFEMA –Madrid-
19:15 HORAS.- O Deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón, manterá un encontro cos alevíns do S.D.C. Residencia.
Campos de Fútbol A Cheda –Lugo-
21:00 HORAS.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participará na entrega de premios do Comercio de Nadal de Muimenta.
Casa da Cultura, Local de Empresarios –Muimenta-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Semana Santa de Burela, Hai un lugar para ti, que conta con ducias de imaxes e cunha exposición fotográfica.
Sala de exposicións –Deputación de Lugo-