Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 12 DE XANEIRO
16:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto co alcalde de Meira, Antonio de Dios, participará na inauguración do novo Campo de Fútbol da Lomba. Realizará o saque de honra no encontro entre o Meira Fútbol Club e o Iberia Club de Fútbol.
Campo da Lomba –Meira-
18:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto coa alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, participarán na inauguración das mellora do Pavillón Municipal.
Pavillón Municipal –Guitiriz-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición do escultor Juan Puchades Quilis “Modelando vidas”, que recolle unha retrospectiva deste autor valenciano afincado en Mondoñedo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, que recolle unha escolma de pezas de cerámica popular.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Semana Santa de Burela, Hai un lugar para ti, que conta con ducias de imaxes e cunha exposición fotográfica.
Sala de exposicións –Deputación de Lugo-